martes, 5 de mayo de 2015

o TEMPO escorrégase cheo de mordiscos,
tentando fuxir desta boca ávida que o require tan de vez,
prestándolle pequenos momentos de loucura
a cambio de deixalo fuxir sen pena nen gloria, sen magoalo,
como se nunca tibese existido tal reloxo
que levase a conta de tódolos minutos do meu ser máis propio, máis meu.

se de ser fose o TEMPO, tería nome e apelidos,
levaría sombreiro de domingo e calzas de festa,
susurraríalle a calquer rapaza de ollos fermosos,
que non se preocupase, que para ela pararía cada segundo de cada minuto,
soamente para poder tocala baixo sabas e momentos eternos.

 se non foses paseniño, meu amargo contador de vivenzas,
ou fugaz e silente só para demorarte no desgusto  dos que agardan suprimirte,
contaríache longos segredos, derramando mil e unha copas para bendicirte,
para bendicirnos nesta loxia tan nosa que se chama  LEMBRANZA.



lunes, 20 de abril de 2015

YO, MI, ME, CONMIGO (OU SOBRE COMO ENGANAR Ó ESPELLO)

Érase unha vez unha cama propia da que se arrastraban cada mañán e unha muller gustosa a medias dos seus días, mareada das paredes brancas e das noites vividas de máis. 
Ela desaiunaba cos praceres vividos a correr, acompañada do arrepentemento que non estaba seguro de arrepentirse e da felicidade que non estaba segura de ser feliz. 
Entre tostada e tostada, falaban dos mesmos por qués absurdos de cada mañán, e de por qué cada mañán repetían o mesmo compás; a felicidade discutíndolle ó arrepentemento as súas ganas de protagonismo, de por qué desaiunaban sempre con praceres que o final se acababan indixestando sen remedio, de se a felicidade era unha ilusa empedernida que vivía por riba das súas posibilidades, e así un día tras outro, unha mañán tras outra durante todolos días de todolos anos de madurez daquela muller.
Unha mañán, a muller quedouse durmida, esquecéndose da cita diaria do desaiuno, esquencéndose de ser feliz, dos praceres do arrepentimento e de si mesma, e preguntouse, alí sentada, tras horas de esquencer as mesmas tostadas de tódolos días, entre as súas paredes brancas, que nunca fóran tan súas e nunca estiberan tan brancas e tan vacías, por qué desaiunaba con tantos por qués, por qué ó espertar  xa non se pintaba aquela raia negra que a facía tan súa, tan ela, por qué non coloreaba os seus suplicantes labios daquel vermello que tanto lle gustara anos atrás, co que tanto disfrutara o seu espello nas noites eternas de palabras inquedas e miradas roubadas a mantenta.
E alí sentada, caeu na conta e caeu na súa propia realidade. Era dura e fría, pero súa ó fin. Ela xa gastara fai moito tempo o tempo de non preguntarse nada, os días de verbas inconscientes  e sin conciencia, o cupo de xestos fugaces que ninguén reprocha porque acompañan á xuventude, gritouse a si mesma en silencio, máis enfadada ca nunca ca súa estupidez, que xa non era nova, que xa non tiña sentido reter os breves minutos de xuventude que lle restaban, aqueles mesmos que doridos se precipitaban sen remedio cara o solpor de todolos días do mundo. Mirouse no mesmo espello de sempre, aquel trozo de metal no que nunca máis se vería coma antes e resolveu espertar e erguerse daquela cama na que parecía, levaba séculos metida e sentouse a desaiunar, soa, e sen embargo, máis súa ca sempre.



martes, 7 de abril de 2015

I LOVE SANTIAGO

Porque esta ciudad se pisa pronto y se desgasta aún más rápido,
andémosla a zancadas y vivámosla de un sólo roce,
degustemos cada esquina de esta piedra antigua
como si fuese a resquebrajarse de pura mala ostia,
la propia, la que nace de las mohosas rendijas,
llenas del sudor de los de abajo y de la mugre de los de arriba,
del disgusto de los que se callan y de la  mierda que se silencia.
Acordémonos de los acordes que no se tocan,
del paro lúdico y planeado de sus calles,
de lo que fue y pudo haber sido,
de la ignorancia  beata por bandera
y del orgullo obsceno con la que se lleva,
de la juventud sin herencia y de la vejez y sus viruelas.
Acordémonos, sólo, porque la queja está muy cara
y no la tienen en oferta,
porque nos escupen a diario en el tazón de cereales
y porque aún nos parece que doliéndonos no nos duele;
porque lo nuestro favorito es el "porque" y el olvido
miraremos atrás con el ojo morado y la mano extendida.



jueves, 26 de marzo de 2015

quebranto inesperado da miña individualidade,
navegas paseniño ensinándome que a quentura non é cousa do AMOR,
deixando que encha o teu pensamento de cousas propias que nunca imaxinaras,
amosándonos un ser reflexivo ou recíproco que ningún dos dous quixo vender,
porque ningún quere perder esta guerra que comezou fai tempo
e que agora remata entre contras e mariposas,
ningún se dá conta, sen embargo, de que ambos somos cartuchos de fogueo
sen interese nen profundidade en compartir máis momento ca este.
se de momentos se tratase, este sería o primeiro e o ùltimo 
dun outro inconmensurable e saboroso que disfruto cómoda na miña boca,
unha vez e só unha porque o bó non ten que repetirse,
conservándoo simplemente no maxín do que foi bo por bo e por único.

jueves, 5 de febrero de 2015

de ratas presumidas

ratiña de noite, buscando un recuncho escuro no que metela pata,
pequechiña a ras de asfalto, paseando as rúas sen destino nomeado,
quen te ve de día, acochada de zapatos e de intencións mundanas, 
das longas sombras bípedas que apenas saben mediar palabra,
camiñando entre as pedras, ó borde de calquer alcantarilla,
acicálaste presta, sen espello, porque te sabes ignorada,
mentras uns ollos ávidos da nocturna balada, 
mírante con cariño porque non te coñecen de nada.

miércoles, 28 de enero de 2015

a caricatura máis fiel do corazón
faise cando se aplasta cun golpe de zapato
para logo volver a hinchalo cun bombín especial,
deses que insuflan aire inerte, sen unha gota de vida;
vale durante un tempo pero tarde ou cedo hai que utilizalo,
mais vale telo a man polo tanto, para evitar accidentes inncesarios,
tamén serve forralo con metal a proba de balas,
ou poñerlle unha barandilla de seguridade para que ninguén o toque,
facelo insensible a proba de aburrimento e desvaríos sentimentais,
cubrilo, tamén, con goretex, ó que lle resvalen os romanticismos hipócritas
e por suposto, vomitivos para certos estómagos sensibles;
lembren señoras e señores, que o romanticismo e os seus románticos non alimentan, gracias a Deus!
alimentádevos, mellor, ca realidade cruda ou pasada por auga,
de panos quentes de vez en cando, pero tamén de verdades en salazón,
das carcajadas fieles que suscitades e das que sodes capaces de provocar,
de tódolos colores da alma, porque nunca é monocromática,
da vida a enormes culleradas, e se desbordan mellor,
porque todos necesitamos, algunha vez, levar un golpe no corazón para saber que segue vivo
e que aínda nos podemos rir del.




martes, 13 de enero de 2015

Es o son dunha gaita,
o sorriso eterno da música,
o incansable alento das noites de troula,
un pasado que nunca morre,
o presente que perdura
e o futuro dos nosos corazóns,
es pai da alegría e da femineidade,
de tres corazóns que te queren
e que quixeches sen condición,
es esposo amado e amante,
es a man que nunca se retira,
es amizade imperturbable,
lealtade, honra e bondade baixo morna pel,
es a herdanza de tempos mellores,
o compromiso da palabra inquebrantable,
a promesa dun foi e dun será,
somos, sobre todo, a mellor parte de ti,
aspiramos a ser un anaco do teu corazón.
                  Ca música na alma alá onde estés, avó